QUEN SOMOS?
QUEN SOMOS?
XFORZO
EQUIPAMENTOS E ACCESORIOS DEPORTIVOS EXCLUSIVOS
Na nova web de Xforzo poderás atopar os artigos de diferentes ámbitos deportivos que temos en stock para ofrecerche un servizo inmediato.
Os nosos produtos están testados previamente por deportistas de diferentes ámbitos, como futbolistas, atletas, xogadores de baloncesto e padel, garantindo así a máxima calidade e comodidade. Asegurándonos, deste xeito, a máxima satisfacción do deportista.
Xforzo dáche a oportunidade de ter uns equipamentos diferentes a outras marcas deportivas, cun deseño único e exclusivo para cada tipo de deporte.
Todos os produtos elabóranse na nosa propia fábrica dentro da Península Ibérica.
COMO TRABALLAMOS?
DESEÑAMOS
Xforzo ofrece unhas opcións de deseño exclusivos sempre cas últimas tendencias, cuns tecidos especialmente deseñados para que os deportistas poidan ter o máximo confort e rendemento.
DESENVOLVEMOS
Apostamos por unha moi boa atención ao cliente, creando os equipamentos entre o noso equipo de deseño e o club deportivo tendo en conta a historia e ideais do equipo.
Se o teu club é diferente, faino ver.
FABRICAMOS
Toda a nosa produción está integramente fabricada na Península Ibérica. Utilizamos técnicas como sublimación, estampación e bordado para conseguir un acabado perfecto e ofrecer a máxima comodidade.